A FADA DAS ROCHAS
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  3m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Manuela Varela e Esteban Losada.


POSTA EN ESCENA:
Esta é a oitava das obras da nosa compañía e nela faise un alegato contra a guerra o racismo e a intolerancia en xeral.
Técnicas empregadas: Luva e actor.


SINOPSE:
O pequeno mundo dos monicreques atópase dividido polo invisible, pero palpable muro da intolerancia. Dúas nacións antagónicas afánanse infructuosamente en impoñe-los seus estreitos criteriois morais ós seus veciños. Un día, por un casual, un mozo e unha moza das nacións rivais atópanse no ermo e baleiro carregal que os separa, e tras un primeiro intre de estupor inician unha segreda amizade que lles levará a namorar. Os mozos láinse amargamente de que a tolemia imperante nos seus paises xamáis consentirá a súa relación cando, dentre as rochas aparece unha fada que lles ofrece a súa axuda para rematar con tanta senrazón.